DOREMI   MUSIKA   BIZI é un conxunto de materiais creados por mor das necesidades xurdidas nas nosas clases na Escola de Música e Danza de San Sebastián. Atoparán nel exercicios interactivos creados para traballaren  diferentes aspectos da aprendizaxe da Música. Hai exercicios pensados para traballaren o Ouvido, a Linguaxe Musical e Cultura Musical xeral, dispostos en catro niveis:
O CURRUNCHO DOS CATIVOS, dirixido aos máis cativos, nenos e nenas entre os 4 e os 8 anos de idade. O NIVEL ELEMENTAL, orientado ó alumnado do Nivel Elemental no ensino regrado, Nivel II de escola de Música ou, simplemente aqueles que comezan os seus estudos musicais.
O NIVEL MEDIO, dirixido fundamentalmente a aqueles que están no Nivel Medio do ensino regrado, Nivel III de Escola de Música ou a quen queira mellorar as súas competencias musicais.
O NIVEL AVANZADO, para usuarios que queiran afondar un pouco máis.
O mesmo material atópase tanto en éuscaro como en castelán e serve para traballar nas Escolas de Música, nos Conservatorios, nas aulas de música de calquera modalidade e mesmo na casa; só se precisa un ordenador e ganas de aprender.
Todos os exercicios son de produción propia e vanse integrando nos seus apartados correspondentes segundo se van creando para  facilitaren a súa procura. No apartado NOVO, pódense ver as 20 últimas entradas.
Aquí compartimos estes materiais para todas aquelas persoas que gustan vivir a MÚSICA. Agradeceriamos que, se atopades erros ou cousas que se poden mellorar, nos escribirades a    ahuarte@donostiaeskola.eus.  Se entre todos melloramos esta ferramenta, será máis útil para as persoas que estudan música.

Ana Huarte e Juanjo Ocón

Profesores de Clarinete e Trompeta na Escola de Música de San Sebastián